Thursday 09 de May de 2024

O Concello de Lousame convoca os seus cursos de natación, que terán lugar na piscina municipal da Silva entre xullo e setembro


O Concello de Lousame abre hoxe o prazo de inscrición nos seus tradicionais cursos de natación, nas modalidades de iniciación e perfeccionamento, dirixidos a persoas a partir dos 4 anos. Os cursos terán un prezo de 6 euros por mes, subvencionables nun 50% para as persoas que teñan o abono de temporada da piscina municipal, e que terán lugar ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro na piscina municipal da Silva.

O Concello de Lousame convoca un total de 56 prazas e organiza tres grupos de idade. Así, haberá 12 prazas para nenos e nenas de 4 a 6 anos, que terán clase de 12:30 a 13:30 horas. Para os rapaces e rapazas de 7 a 10 anos haberá 20 prazas, con sesións de 11:30 a 12:30 horas. Finalmente, as persoas maiores de 11 anos terán clase de natación de 10:30 a 11:30 horas, con 24 prazas dispoñibles.

Máis información e inscricións no Departamento de Deportes do Concello de Lousame (primeira planta da Casa da Cultura Santeiros de Chave) ou chamando ao teléfono 981 825 780.